Archivo de noticias de: Piraguismo

TRAVESÍA DE FOZ

Onte, domingo, disputouse a Travesía de Foz, onde o Breogán presentou a oito padexeir@s. Entre eles destacou o 4º posto de Antía Naveiro (K-1 muller cadete) e o 5º de Adrián Otero (K-1 home xuvenil). Resultados: K-1 home cadete, Daniel Dopazo 21º f.c. K-2 home cadete, Daniel Mourelos-Sergio Outeda 15º...
Leer mas...

CARME DEVESA GAÑA A MEDALLA DE OURO EN CATOIRA

Onte, sábado, disputouse a 3ª regata da Liga Provincial de Alevíns e Benxamíns, celebrada en Catoira. O Breogán acadou a 5ª posición na clasificación por clubs con 1.560 puntos. A nivel individual destacou a Medalla de Ouro de Carme Devesa no K-1 muller alevín «B». Resultados: K-1 HOME ALEVÍN «A»:...
Leer mas...

ACTIVIDADE DO BREOGÁN PARA A FIN DE SEMANA

Esta fin de semana temos dobre cita para os nosos deportistas. O sábado os palistas das categorías base, alevín e benxamín, desprazaranse ata Catoira para disputar a 3ª regata da Liga Provincial de Alevíns e Benxamíns. O domingo, os deportistas das categorías cadete, suvenil, senior e veterano teñen cita na...
Leer mas...

LIMPEZA DO TERREO

Nos últimos días procedeuse a limpar o terreo da nosa entidade no lugar de Monte da Vila. Nas fotografías podedes ver como quedou....
Leer mas...

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PISTA DE NOVAS PROMESAS (CADETES-INFANTÍS)

O resultado deste Campionato non foi o agardado, quedando o Breogán no posto 33 da clasificación por clubs. Tivemos presencia en sete regatas finais, o que non reflicte o noso potencial nestas categorías, nin o esforzo realizado polos nos@s padexeir@s e @s técnicos o longo da tempada. Pero o deporte...
Leer mas...

NATALIA GARCÍA 8ª NO CAMPIONATO DO MUNDO

Natalia García acadou a oitava posición no Campionato do Mundo de Pista Xuvenil e Sub23, celebrado en Montemos o Velho (Portugal) entre o pasado xoves e onte domingo, formando parte do equipo español de K-4 muller sub 23.  Natalia, xunto con Sara Ouzande, Tania Fernández e Miriam Vega, saíu a...
Leer mas...

NATALIA GARCÍA NO CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR E SUB 23

A partir de mañá, e ata o domingo, Montemor o Velho (Portugal) acollerá o Campionato do Mundo de Pista para Xuvenís e Sub 23. O Breogán de O Grove estará de novo representado nesta cita mundialista, da man da padexeira Natalia García, que formará parte do K-4 muller Sub 23...
Leer mas...

HOXE TIVEMOS VISITA DA TVG

Hoxe visitaron as instalacións do Pavillón de Deportes Náuticos as cámaras da Televisión de Galicia, quen lle fixeron unha entrevista ó noso padexeiro Diego Romero.  Diego, tras impoñerse no control selectivo que lle dou o billete para participar no Campionato de Pista no C-1 1.000 m. e onde tamén participará...
Leer mas...