Na tarde-noite do domingo 14 celebrouse a novena edición da Gala do Deporte Meco, que tivo como esceario o Centro Cultural Manuel Lueiro Rey.
Breogán e @s seus deportistas estivieron designados como finalista en varias modalidades; pero entre os mellores do 2012, foron galardoadas: como Mellor Deportistas Feminina de Élite: Natalia Garcia Naveiro, mentras que a súa irmán Laura, foi designada como Mellor Promesa Feminina.
Outros finalistas da nosa entidade foron:
- Alvaro Bravo (finalista Mellor Deportista Masculino de Élite).
- Tania Alvarez (finalista Mellor Deportista Feminina de Élite).
- Rut Otero (finalista Mellor Deportista Feminina Amateur).
- Manuel Garcia (finalista Mellor Promesa Masculina).
- Breogán Piragüismo (finalista Mellor Club).
- Breogán Xadrez (finalista Mención ao Deporte Minoritario e Alternativo).
- Alberto Garcia Besada (finalista Mención Unha vida adicada ao Deporte).
- Sami Grigore (finalista Mellor Adestrador).
- Segem (finalista Mellor Patrocinador).