SEXTO POSTO NA REGATA NACIONAL DE 200 e 500 m.
O noso equipo de piragüismo fixose co sexto posto na Regata Nacional de Pista sobre 200 e 500 m., celebrado os días 11 e 12 de maio, no Encoro de Santa Cruz de Trasona, Aviles (Asturias). Breogán ocupou a sexta posición final, por clubs, con un total de 436 puntos, a tan só 3 puntos do quinto calsificado (RCN Palma-La Caixa).
A nosa representación nesta regata estivo formada por 14 padexeir@s, destacando as actuacións do canoista senior Diego Romero e da muller xuvenil Laura Garcia, que se colgaron dúas medallas cada un deles. Diego Romero gañaba as Medallas de Ouro sobre os 500 m., no C-1 e, no C-2 formando parella con Adrian Lameiro.
Pola súa banda, Laura García colleitaba dúas Medallas de Prata, ambalas dúas en K-1, unha sobre os 200 m. e a outra nos 500 m.
Durante o fin de semana tamén se disputaron os selectivos de varias modalidades e categorías para ir formando os equipos españois que acudirán aos diferentes Campionatos de Europa.
As irmáns Garcia Naveiro; Natalia e Laura, gañaron o seu “pasaporte” para acudir aos europeos, Natalia na categoría Sub 23 e Laura en xuvenís.
Os resultados dos nos@s deportistas que chegaron a disputar as finais, foron os seguintes:
| 
 RESULTADOS DEPORTISTAS  | 
||
| 
 Padexeir@  | 
 Categoria  | 
 Resultado  | 
| Sara Bravo | K-1 muller xuvenil 200 m | 8ª Final “C” | 
| Laura Garcia | K-1 muller xuvenil 200 m | Medalla de Prata | 
| Tania Alvarez | K-1 muller senior 200 m | 2ª Final “C” | 
| Natalia Garcia | K-1 muller senior 200 m | 1ª Final “B” | 
| Manuel García | C-1 xuvenil 200 m | 2º Final “B” | 
| Alvaro Bravo | K-1 senior 200 m | 6º Final “B” | 
| Manuel Garcia-Borja Meis | C-2 xuvenil 200 m | 4º | 
| Laura Garcia-Sara Bravo | K-2 muller xuvenil 200 m | 4ª | 
| Natalia Garcia-Tania Alvarez | K-2 muller senior 200 m | 9ª | 
| Diego Romero-Adrian Lameiro | C-2 senior 200 m | 3º Final “B” | 
| Tania Alvarez | K-1 muller senior 500 m | 9ª Final “C” | 
| Natalia Garcia | K-1 muller senior 500 m | 4ª Final “C” | 
| Laura Garcia | K-1 muller xuvenil 500 m | Medalla de Prata | 
| Diego Romero | C-1 senior 500 m | Medalla de Ouro | 
| Manuel Garcia-Borja Meis | C-2 xuvenil 500 m | 5º | 
| Laura Garcia-Sara Bravo | K-2 muller senior 500 m | 8ª | 
| Diego Romero-Adrian Lameiro | C-2 senior 500 m | Medalla de Ouro | 
| Natalia Garcia-Tania Alvarez | K-2 muller senior | 7ª | 
| 
 CLASIFICACIÓN POR CLUBS  | 
||
| 
 Posto  | 
 Club  | 
 Puntos  | 
| 1º | Náutico Sevilla | 
 1.158  | 
| 2º | Kayak Tudense | 
 934  | 
| 3º | Escuela Piragüismo Aranjuez | 
 806  | 
| 4º | Grupo de Cultura Covadonga | 
 683  | 
| 5º | RCN Palma de Mallorca-La Caixa | 
 439  | 
| 6º | BREOGÁN DO GROVE | 
 436  | 
| 7º | Natació Banyoles | 
 421  | 
| 8º | As Torres-Romería Vikinga | 
 362  | 
| 9º | RCN Port de Pollenca | 
 345  | 
| 10º | Los Gorilas de Candas | 
 296  | 

	
		  
