 Na tarde do domingo día 16 de xuño disputouse a XIX Baixada do Umia, onde o Breogán presentou un equipo formado por quince padexeir@s, co que acadou a terceira posición por clubs.
Na tarde do domingo día 16 de xuño disputouse a XIX Baixada do Umia, onde o Breogán presentou un equipo formado por quince padexeir@s, co que acadou a terceira posición por clubs.
Nunha tarde chuviosa, a actuación dos nosos deportistas foi variada, como ocorre normalmente no descenso dun río. Así, a súa participación foi dende obter cinco primeiros postos e dous segundos ata varios dos nosos deportistas non entrar no tempo de control.
Destaca a participación de Diego Romero, quen despois de chegar de terras lusas tras a súa participación no Campionato de Europa de Pista Absoluto, inscribiuse a última hora para gañar con facilidade a regata na súa categoría.
Outras catro categorías máis foron gañadas por deportistas do Breogán: Tania Álvarez impoñíase en K-1 muller senior, Sara Bravo gañaba o K-1 muller xuvenil, Adrián Ribadomar ocupaba a primeira posición no C-1 cadete e os xemelgos Meis Contrasty acaparaban os primeiros postos no C-1 xuvenil, -Félix era primeiro e Sergio Segundo-, e pola súa banda, Marcelino Cacabelos era segundo en C-1 veterano.
Resultados:
| Padexeir@ | Categoría | Posto | 
| Edu da Silva | K-1 home cadete | 10º | 
| Adrián Conde | K-1 home cadete | 30º f.c. | 
| Adrián Otero | K-1 home cadete | 37º f.c. | 
| Jose M. Méndez | k-1 home cadete | 45º f.c. | 
| Adrián Ribademar | C-1 home cadete | 1º | 
| Félix Meis | C-1 home xuvenil | 1º | 
| Sergio Meis | C-1 home xuvenil | 2º | 
| Borja Meis | C-1 home xuvenil | 5º | 
| Diego Naveiro | C-1 home xuvenil | 6º | 
| Diego Romero | C-1 home senior | 1º | 
| Tania Álvarez | K-1 muller senior | 1º | 
| Sara Bravo | K-1 muler xuvenil | 1º | 
| Ainara Sánchez | K-1 muller xuvenil | 9º f.c. | 
| Sara Cacabelos | K-1 muller cadete | 11º f.c. | 
| Lino Cacabelos | C-1 veterano | 2º | 

 
	 
		  
