O sábado día 6 de xullo, celebrouse no encoro do Pontillón do Castro (Verducido) o Campionato Galego de Infantís sobre a distancia de 1.000 m. Esta proba tamén foi a 5ª regata da XVIII Copa Galega de Promoción 2013.
É habitual que nestas regatas de categorías inferiores sempre xurdan imprevistos, pero nesta ocasión os contratempos superaron á normalidade. Dous días antes da regata, o atropelo dun padexeiro motivou a eliminación dun barco de equipo, outro individual e a remodelación de outros. Admeais, o mesmo día da regata houbo que sumar o emborcamento dun K-4, a rotura dunha pá, e varias embarcacións clasificadas para as finais que non chegaron a saír.
Con todo, nesta regata presentamos un equipo formado por vinte padexeir@s, que obtiveron a oitava posición por clubs e tres medallas a nivel individual.
Resultados Individuais:
|
Padexeir@ |
Categoría |
Posto |
| Antía Naveiro | K-1 muller infantil “B” | 7º |
| Brais Frieiro | C-1 home infantil “A” | 3º final B |
| Daniel Mourelos | K-1 home infantil “B” | 4º final B |
| Eloi Ochoa – Tomás Benavides | C-2 home infantil “B” | 3º |
| Manuel Meis – David Conde | C-2 home infantil “B” | 6º |
| Ángela Rodríguez – Paula Álvarez | K-2 muller infantil “B” | 9º |
| Eloi Ochoa – Tomás Benavides – Manuel Meis – David Conde | C-4 home infantil “B” | 2º |
| Diego Vázquez – Jorge Álvarez – Manuel Falcón – Juan D. Betancourth | K-4 home infantil “B” | 4º |
| Antía Naveiro – Ángela Rodríguez – Iria Estévez – Paula Álvarez | K-4 muller infantil “B” | 3º |
| Manuel Falcón – Jorge Álvarez | K-2 home infantil “B” | 4º final B |
| Brais Piñeiro | C-1 home infantil “A” | 1º final C |
| Juan C. Ortiz | K-1 home infantil “B” | 1º final C |
| Daniel Mourelos – Juan C. Ortiz | K-2 home infantil “B” | Clasificados final A, non saíu |
| Brais Piñeiro – Carlos Otero | K-2 home infantil “A” | Clasificados final B, non saíu |
| Carlos Otero – Daniel Dopazo – Brais Remigio – Joaquín Lapido | K-4 home infantil “A” | Final A, emborcou |


