ROMERO E CAMPOS XA ADESTRAN EN PONTEVEDRA
Diego Romero e Tono Campos, despois dun período de adestramento na “casa” xa se instalaron no piso que lles facilitou a Federación Galega de Piragüismo en Pontevedra.
Desde aí onde poden organizar mellor os seus adestramentos que levarán adiante no Lérez, na pista de Verducido e nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, con miras a poder acadar o obxectivo de meterse na final do C-2 1.000 m. no Campionato do Mundo.