ASAMBLEA XERAL DO CMDC BREOGÁN E ELECCIÓN DE NOV@ PRESIDENTE
Estimad@ Soci@:
Por medio da presente, convocámoste á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA do Club Marítimo, Deportivo e Cultural Breogán do Grove correspondente ao presente ano. Esta reunión terá lugar no Pavillón de Deportes Náuticos -o vindeiro 14 de febreiro- ás 19,30 h. en primeira convocatoria e, ás 20,00 h. en segunda convocatoria.
ORDE DO DÍA:
1º) Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores
2º) Memoria de actividades do 2013
3º) Proposta de redución da débeda coa conta do “Local Social”
4º) Rendición de contas do exercicio 2013
5º) Orzamento 2014
6º) Rogos e preguntas
Unha vez rematada a Asamblea Ordinaria, convocámoste a unha ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, cun único punto na orde do día:
1º) Elección de Presidente e nova Xunta Directiva, por remate do actual tempo de mandato.