OITAVOS EN KAIAK DE MAR

oitavos kayak de marO domingo 23 de marzo tivo lugar en Cambados a 2ª Regata da I Copa Sipre-Liga Galega de Kaiak de Mar, onde o C M D C Breogán presentou un equipo formado por nove padexeir@s que tiveron unha moi boa actuación. Tanto é así, que foron quen de ocupar o OITAVO posto por clubs.

A nivel individual destaca a consecución dunha Medalla de Ouro e dúas Medallas de Bronce: a de ouro foi para o K-2 home cadete de Edu Da Silva e Adrián Otero e as de bronce foron acadadas polo K-2 mixto de Sara Bravo-César Rivero e Simón Díaz en K-1 tradicional veterano.
Os outros resultados foron:
– Yoel Alonso, 4º no K-1 home senior
– Rut Otero, 4º no K-1 muller senior
– Tino Rodríguez, 4º no K-1 tradicional home senior
– Arturo Garrido, 10º no K-1 tradicional veterano