TODOS NO PODIO EN SANABRIA

podio sanabriaNa mañá do domingo disputouse a LII Regata Internacional de Sanabria, onde estiveron presentes nove padexeiros do Breogán, e todos eles consegiron subirse ao podio.

Na categoría C-2 senior, o podio estivo ocupado por padexeiros breoganistas en dous dos tres chanzos, xa que os gañadores da categoría foron Adrian Fernández e Miguel Fernández, mentres que Sami grigore e Tino Rodríguez ocuparon a terceira posición.

O C-2 dos xuvenís Diego Naveiro e Broja Meis foi segundo na súa categoría, mentres que o K-2 de Edu da Silva e Adrian Otero remataba a súa proba nunha fantástica 3ª posición.

O único dos nosos palistas que remou en solitario foi Adrian Ribademar, que na proba de C-1 cadete conseguiu rematar na segunda posición.

Na regata de C-4 senior, os padexeiros do Breogán non tiveron moi boa sorte. A embarcación coa tripulación composta por Adrian Fernández, Miguel Fernández, Sami Grigore e Tino Rodríguez, non tivo moita sorte, xa que fundiron cando marchaban na primeira posición da regata. con todo lograron rematar a proba na cuarta posición.