O BREOGÁN ASISTIRÁ Á 5ª REGATA DE KAIAK DE MAR CUN EQUIPO DE 7 PADEXEIR@S

cartel_kaiak_mar_vigoO venres disputarase en Vigo, na praia de Bouzas a 5ª regata de Kaiak de mar da I Copa Sipre da XV Liga Galega de Kaiak de Mar. Nesta proba, na que participarán padexeiros das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, tamén estará presente un equipiño do Breogán formado por 7 padexeir@s de diferentes categorías.

Esta proba estaba previsto que se disputase o pasado sábado 14 de xuño pero, finalmente, cambiouse a data para o día de Galicia. Así, o equipo do Breogán que se desprazará este venres ata Vigo para disputar esta 5ª proba da Liga de Kaiak de Mar quedaría composto da maneira:

CATEGORÍA

DISTANCIA

NOME

K-2 MULLER SENIOR

14.000m

SARA BRAVO E TANIA ÁLVAREZ
K-1 HOME VETERANO A

14.000m

MIGUEL FERNÁNDEZ
K-1 HOME VETERANO B

14.000m

SIMÓN DÍAZ
K-1 HOME SENIOR

14.000m

FRANCISCO CELESTINO RODRÍGUEZ
K-2 HOME CADETE

5.000m

EDUDA SILVA E ADRIÁN OTERO