TRES OUROS E UNHA PRATA PARA O BREOGÁN NA 5ª REGATA DE KAIAK DE MAR EN VIGO

RUT E SARA NO PODIONa tarde do venres 25 de xullo, festividade de Santiago e de toda a comunidade galega, disputouse en Vigo a 5ª regata de Kaiak de Mar da I Copa Sipre-XV Liga Galega de Kaiak de Mar. A regata saiu dende a viguesa praia de Bouzas, e @s nos@s padexeir@s destacaron cos seus increíbles resultados, parecéndolles pouco subirse ao podio en cada una das probas disputadas,polo que acadaron o metal de máis valor case que na totalidade das ocasións.

Cabe mencionar que as circunstnacias ao principio non eran moi favorables, xa que estaba previsto que Rut Otero competise na categoría K-2 muller senior acompañada por Tania Álvarez, pero estasufriu unha lesión nun pé que lle impediu competir. Finalmente, Sara Bravo substituiu a Tania na proba, que as palistas do Breogán lograron gañar conseguindo a medalla de ouro.

A continuación mostramos a relación de resultados conseguidos polos palistas do Breogán, que suman un totla de 3 medallas de ouro e unha de bronce.

CATEGORÍA

NOME

POSTO

K-2 MULLER SENIOR RUT OTEROSARA BRAVO 1º MEDALLA DE OURO
K-1 HOME SENIOR TRADICIONAL TINO RODRÍGUEZ 1º MEDALLA DE OURO
K-2 HOME CADETE EDU DA SILVAADRIAN OTERO 1º MEDALLA DE OURO
K-1 HOME VETERANO B TRADICIONAL SIMÓN DÍAZ 3º MEDALLA DE BRONCE