MULTITUDE DE FRONTES PARA O BREOGÁN NESTA FIN DE SEMANA

Esta fin de semana preséntase cargadila de competicións para @s padexeir@s do Breogán. Podemos afirmar que haberá palistas de todas as categorías competindo nas diferentes probas ás que asistirá representación deste club.

CAMPIONATO DO MUNDO (Moscu-Rusia)
A cita máis importante do ano, na que Tono Campos e Diego Romero estarán presentes no C-2 sobre os 1.000m., única distancia olímpica do C-2 e na que ningún barco español conseguiu chegar á final dende o ano 2006, feito realizado por outros dous padexeiros do Breogán: Fredi Bea e David Mascato.

moscu

DESCENSO INTERNACIONAL DO SELLA (Arriondas-Asturias)
descenso sellaO sábado terá lugar a edición 78 do Descenso Internacional do Sella, que contará con participación do Breogán. Pedro Areal remará na C-1 senior; mentres que Miguel Fernández e Adrian Fernández participarán na C-2 senior.

CAMPIONATO GALEGO DE PISTA EN BARCOS DE EQUIPO (Verducido-Pontevedra)
Con un equipo con bastantes baixas, por mor da súa participación noutras regatas, o Breogán estará presente este sábado no Campionato Galego de Pista en Barcos de Equipo que se disputa en Verducido.
– Muller kaiakista senior: Natalia García, Laura García, Tania Álvarez, Rut Otero, Sara Bravo e Amanda Álvarez (estas dúas son de categoría xuvenil, pero participarán de senior).
– Muller kaiakista xuvenil: Sara Cacabelos e Loli Álvarez (de categoría cadete que remará como xuvenil).
– Home canoista senior: Sami Grigore e Tino Rodríguez.
– Home canoista xuvenil: Diego Naveiro e Borja Meis.
– Home kaiakista cadete: Edu da Silva e Adrian Otero.

REGATA INTERNACIONAL DE VILLAVICIOSA (Asturias)
O domingo terá lugar a Regata Internacional de Villaviciosa, na que estarán presentes Miguel Fernández e Adrian Fernández no C-2 senior.

CAMPIONATO GALEGO DE KAIAK DE MAR (Cabanas-Pontedeume)
Cabanas acollerá o domingo o Campionato Galego de Kaiak de Mar, sexta regata da Liga Galega de Kaiak de Mar-I Copa Sipre. E ao mesmo tempo terá lugar o Campionato Galego de Kaiak de Mar para Infantís, única regata para esta categoría nesta modalidade.
– Tino Rodríguez, K-1 home senior tradicional.
– Simón Díaz, K-1 home veterano “B” tradicional.
– Edu da Silva e Adrian Otero, K-2 home cadete.
– E os padexeir@s infantís: Daniel Mourelos, Juan Camilo Ortiz e Ángela Rodríguez.

4ª REGATA DA LIGA PROVINCIAL DE ALEVÍNS E BENXAMÍNS.
regata alevinNa tarde do domingo, a partir das 16,30 h, celebrarase a 4ª regata da Liga Provincial de Alevíns e Benxamíns, en Catoira.
A esta proba asistirán os seguintes padexeiros:
– K-1 muller benxamín: Abigail Devesa, Ainhoa Piñeiro, Aldara Gorrita, Amanda Prol, Carme Devesa, Cira Otero, Gemma Lamas, Julia Domínguez, Laura Piñeiro, Lucia Muñiz, Luna Otero, Sabela Arnoso, Sofía Díaz, Sheila Rodríguez, Suevia Noya, Valeira Oliveira e Yolanda Oliveira.
– K-1 home benxamín: Adrian Fraga, Miguel Moldes e Rubén Otero.
– K-1 muller alevín “B”: Antía Prieto, Carmen Cerviño, Esmeralda Casal, Inés Parada, Isabella Álvarez, Lidia Riveiro, Lola Cerviño, María Díaz, Marta Mourelos, Nerea Castro e Patricia Murais.
– K-1 home alevín “B”: Ángel Fernández, Joaquín Bravo, Luís Sanmamed e Noel Sanmamed.
– K-1 muller alevín “A”: Andrea Piñeiro, Cecilia Garrido, Gaila Noya, Iciar Martínez, Iria Barreiro, Lorena Moldes, Lucía Devesa, Marta López, Sofía Martínez e Soraya Bea.
– K-1 home alevín “A”: Adrian Garrido, Borja Lamas, Isaac Gorrita, José Couso, Manuel Díaz, Noel Moldes, Martín Prol, Martín Forte e Rodrigo Mouco.