BREOGÁN, 5º NA XIII LIGA NACIONAL DE PISTA DE PIRAGÜISMO

cg invO Breogán de O Grove rematou na 5ª posición da XIII Liga Nacional de Pista Olímpica “Hernando Calleja” División de Honor de piragüismo. Este bo resultado mantennos unha temporada máis na elite do piragüismo nacional, ao tempo que melloramos un posto con respecto á liga da tempada anterior.

A suma total de puntos despois de disputar as catro competicións das que se compón esta liga foi de 382 puntos, a seis puntos do cuarto, Club Náutico Palma de Mallorca e con dous de vantaxe ao sexto clasificado, Grupo Cultural Covadonga.

Breogán foi o segundo club galego na competición nacional, por detrás do Kayak Tudense gañador desta liga, sendo o terceiro galego clasificado As Torres de Catoira na sétima posición.

O resultado final foi froito de ir sumando bos resultados nas distintas regatas desta liga, dous quintos postos (Campionato de España de Inverno e Copa de España 1.000 m.) e dous sextos postos (Copa de España de 500 e 200 m, e Campionato de España de Pista).

Nesta liga compiten padexeir@s das categorías  senior e xuvenil. Contando só a categoría senior, o Breogán obtivo un mellor resultado, xa que nos resultados das diferentes regatas sumou un quinto posto, un segundo, un cuarto e un terceiro; que nunha clasificación final oficiosa sería o terceiro posto na categoría senior.