A X Gala do Deporte Meco, que tivo lugar na tarde de onte (domingo 6 de abril) no Pavillón de Congresos da Toxa, recoñeceu o traballo dos clubes e deportistas do Grove durante todo o pasado ano 2013.
Entre os gañadores non faltaron mencións aos padexeir@s do Breogán, e incluso foi este club de piragüismo o que recibeu o galardón ao Mellor Club 2013, categoría na que competía co Club de Remo Mecos-Mondariz e co Club de Baloncesto O Meco.
Entre os nomes dos gañadores desta décima gala do deporte do Grove atopamos a:
– Mellor Deportita Masculino de Elite: Tono Campos.
– Mellor Promesa Feminina: Laura García.
– Mellor Adestrador: Sami Grigore.
– Mellor Club: Piragüismo Breogán.
– Mellor Evento Deportivo: X Travesía da Toxa.
Así mesmo, a nova padexeira do Breogán, Natalia García Naveiro, foi finalista na categoría de Mellor Deportista de Elite Feminina, Rut Otero na categoría Mellor Deportista Amateur, e o CMDC Breogán na mención ao traballo coa base.
Agora temos por diante todo o 2014 para seguir traballando duramente e continuar colleitando títulos, e así lograr recoñecementos coma este para os nosos deportistas.