Este sábado 12 de abril celébrase en augas da enseada de Rianxo, entre as 16:00 e as 19:30h, a I Regata Kayak De Mar Concello de Rianxo- Conserveira de Rianxo, organizada polo Club de Piragüismo de Rianxo e a Federación Galega de Piragüismo, e que entra dentro da competición XV Liga Galega de Kayak de Mar (I Copa Sipre).
Arredor de 250 padexeir@s están inscritos nesta competición, todos de categoría cadete, xuvenil, sénior e veterano, e que poderán participar nas distintas modalidades de kayak e paddle surf (ou “surf con remo”, para os máis despistados). O circuíto deseñado para a proba ten unha distancia de 5.000 metros ao que os cadetes e os padexeir@s que participen na modalidade de paddle surf só terán que dar unha única volta, mentres que os demais terán que dar dúas, completando os 10.000 metros.
Entre @s padexeir@s que asistirán podemos atopar nomes tan coñecidos e importantes dentro do mundo do piragüismo galego e internacional como é o caso do Campión Olímpico en Pekín 2008 (ademais de contar con varias medallas de diferentes campionatos do mundo), Carlos Pérez (Perucho). Así mesmo, o noso padexeiro Diego Romero, con 3 medallas no Campionato de Europa Sub 23 (entre outros méritos), tamén asistirá a Rianxo este sábado para competir na modalidade de paddle surf, e Rodrigro Germade, compoñente do equipo español de K-4.
Todos os que queiran gozar do espectáculo do piragüismo, sobre todo aproveitando o bo tempo que estamos a ter, están convidados a asistir a esta proba
Ao final da tarde realizarase a entrega de premios e trofeos, que terá lugar na lonxa vella a partires das 19:30h, ao remate das probas.na que seguro que @s nos@s padexeir@s acadarán grandes logros.
O EQUIPO DO BREOGÁN
O Breogán presentará nesta regata un amplo equipo, o máis numeroso presentado por nos nunha regata desta modalidade e, que estará formado por:
• K-2 mixto: Sara Bravo e Cesar Riveiro.
• K-1 home senior: Yoel Alonso.
• K-1 muller senior: Tania Alvarez.
• K-2 home cadete: Edu da Silva e Adrian Otero.
• K-1 home xuvenil: Diego Naveiro.
• K-1 home senior tradicional: Tino Rodríguez (presidente do Club de Piragüismo Rianxo, organizador da regata).
• K-1 home senior tradicional: Sergio Meis.
• K-1 home senior tradicional: Félix Meis.
• K-1 home veterano B tradicional: Simón Díaz.
• K-1 muller veterano A: Rut Otero.
• E tamén estará presente Diego Romero que participará na nova modalidade implantada esta temporada: Paddle Surf. Nesta categoría, dobrará a súa participación Tino Rodríguez.
Para máis información sobre esta regata podedes consultar a páxina de Facebook da competición: on.fb.me/1lJFvlv