OS PALISTAS DO BREOGÁN ACADAN RESULTADOS “REGULARES” NO RÍO LÉREZ

10933912_1113714408680378_2937156258988594000_nO pasado sábado tivo lugar no río Lérez, un control amistoso sobre 8.000 m., organizado polo equipo técnico da Federación Galega de Piragüismo.

Este control serviuu a clubs, técnicos e deportistas, como primeira toma de contacto coa competición e ver as condicións nas que se atopan despois da preparación invernal.

Os resultados obtidos polos nosos padexeir@s neste “inicio” de tempada pódense catalogar como regulares.

– K-1 home xuvenil: Edu da Silva 11º, Adrian Otero 22º
– K-1 home cadete: Daniel Mourelos 15º, Diego Vazquez 34º
– C-1 home senior: Félix Meis 11º, Diego Naveiro 14º
– C-1 home xuvenil: Adrian Ribademar 7º
– C-1 home cadete: Juan Camilo Ortiz 13º
– K-1 muller cadete: Antia Naveiro 11º, Angela Rodríguez 27º