TONO CAMPOS E DIEGO ROMERO ESTARÁN HOXE NO SELECTIVO DE VERDUCIDO

A19C9F1Tono Campos e Diego Romero estarán hoxe no selectivo de Verducido, participando no exame de C-2 sobre 1000m. (12.00h), nunha final na que todos os barcos participante serán galegos.

Aínda falta un mes para o Campionato de España de Inverno, pero mañá haberá un exame selectivo en Verducido (Pontevedra). Varios participantes, ademais, poderán conseguir prazas directas para o Campionato de Europa Absoluto de Pista que se celebrará en Racize (Chequia)do 1 ao 3 de maio.

Con todo, Tono Campos e Diego Romero van pelexar por clasificarse para o Mundial de Milán, que se celebra´ra do 20 ao 23 de agosto, e no que se porán en xogo as primeiras prazas para participar nos Xogos Olímpicos. Pero para iso deberán superar outro selectivo en xuno (días 6 e 7).

Horarios do selectivo de Verducido:

11:25 Final mujer sénior K-1 500
11:30 Final hombre sénior C-1 1.000
12:30 Final mujer sénior K-2 1.000
12:50 Final hombre sénior K-1 1.000
12:00 Final hombre sénior C-2 1.000
16:30 Final hombre sénior K-1 500
18:30 Final hombre sénior K-2 500