DÉCIMO TERCEIROS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO

TONO CAMPOS, CAMPIÓN, E DIEGO ROMERO, SUBCAMPIÓN NO C-1 HOME SENIOR.

20590_1152606411457844_349552618204057843_n

Unha vez rematadas todas as regatas disputadas durante o fin de semana que formaron o Campionato de España de Inverno, o Breogán rematou no DÉCIMO TERCEIRO POSTO por clubs.

Baixamos un chanzo na clasificación con respecto a anos anteriores, non podendo meternos no «top ten», debido ás baixas, xa que non puidemos contar con padexeiros como Natalia García, Jacobo Domínguez, etc…

Nesta última xornada, os nosos palistas volveron a subir ó caixón das medallas. Nesta ocasión foron Tono Campos, que se proclamou Campión de España e, o seu compañeiro de C-2, Diego Romero, que entraba como Subcampión de España no C-1 home senior.

Nesta mesma categoría, Adrian Fernández foi 21º, Pedro Areal 31º, Miguel Fernández 41º, Sergio Meis 54º; mentres que Félix Meis non entraba dentro do tempo de control, polo que non puntuaba.

Tania Álvarez no K-1 muller senior, tampouco foi capaz de meterse no tempo de control.

Juan Camilo Ortiz, remou onte pola tarde a súa final no C-1 home cadete «B», rematando no posto 16º.