REMATA A LIGA DE XADREZ PARA OS EQUIPOS DO BREOGÁN

11051960_1140109039374248_7341058842690537794_nOs nosos equipos de xadrez remataron xa a competición. O Breogán “C”, na terceira división (grupo A), remataba a liga o pasado 14 de marzo, acadando o segundo posto. Non obstante, os outros odus equipos que tivemos en competición esta tempada remataron a liga esta fin de semana.

O Breogán “A”, na primeira división (grupo B), acadou a sexta posición tras perder 3-1 ante o Torpedo Gallaecia, e o Breogán “B” rematou no quinto posto tras gañar 1-3 ao Hostal Miramar. Malia que os nosos equipos non consgeuiron clasificarse en postos de ascenso estamos moi contentos cos resultados acadados.