MOITAS BAIXAS PARA A COPA DE ESPAÑA DE 200 E 500 M.

11329893_1192676114117540_1906429207645772406_nDurante esta fin de semana, Verducido acolle a Copa de España sobre 200 e 500 m.; onde Breogán presenta un equipo moi condicionado polas ausencias.

Estas ausencias afectan o grupo máis forte do noso equipo, como é a canoa senior, xa que non contaremos con Tono Campos e Diego Romero que a vindeira semana afrontarán o selectivo que lle pode dar o billete o Mundial de Pista, o seu principal obxectivo desta temporada e paso importantísimo dentro das posibilidades que lles poidan dar opcións a unha posible clasificación para os Xogos Olímpicos.

Tamén teremos a ausencia, por diversos motivos, dos canoistas seniors: Miguel Fernández, Adrián Fernández, Pedro Areal, Tino Rodríguez ou do kaiakista xuvenil, Adrian Otero.

Así, a nosa principal baza nesta regata, será Natalia García que remará o K-1 muller senior nas distancias de 200 e 500 m.; tamén remará as mesmas distancias no K-2 muller senior, formando parella con Tania Álvarez.

– Antía Rodríguez, participará no C-1 muller senior nas distancias de 200 e 500 m.

– Diego Naveiro no C-1 home senior remará nas dúas distancias, facendo o mesmo no C-2, acompañado polo xuvenil Adrian Ribademar.

– Edu da Silva tamén remará as dúas distancias no K-1 home xuvenil.

– E como novidade nesta regata, teremos por primeira vez na historia do Breogán, participación na modalidade de paracanoe, coa participación de Elena Naveiro que despois de moitos anos volta a competir en piragüismo, nesta nova modalidade. Participará no K-1 muller senior LTA nas distancias de 200 e 500 m.