O BREOGÁN ACADA A CUARTA POSICIÓN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INFANTÍS

trasonaO equipo de infantís do Breogán ven de acadar a cuarta posición no I Campionato de España de Infantís sobre 3.000 m. disputado na mañá do domingo no Encoro de Santa Cruz de Trasona.
Os nosos padexeir@s tiveron unha moi boa actuación, coa que consgeuiron sumar un total de 834 puntos, o que lle outorgou ao noso club ese cuarto posto final, a menos de 60 puntos do pódium.
Dezasete foron os padexeir@s que formaron o equipo que se presentou en Asturias, dos que un total de catorce entraron dentro do tempo de control e puntuaron para o club; os outros tres quedaronse moi preto de entrar nos puntos. Os gañadores deste campionato foron os nosos “veciños” de As Torres de Catoira os que felicitamos.
– K-1 muller infantil “B”
Antia Soutullo, 38º
Natalia Romero, 42º
Maria Vila, 43º
– K-1 home infantil “B”
Alex Oliveira, 69º
– K-1 muller infantil “A”
Antia Naveiro, 15º
Angela Rodríguez, 53º
Paula Alvarez, 56º
– C-1 home infantil “B”
Ivan Meis, 6º
– C-1 home infantil “A”
Tomas Benavides, 16º
Eloi Ochoa, 19º
David Conde 28º f.c.
– K-1 home infantil “A”
Sergio Outeda, 25º
Daniel Mourelos, 55º
Juan Camilo Ortiz, 56º
Brais Remigio, 84º
Daniel Dopazo, 94º f.c.
Juan Diego Betancourth, 98º

O sábado disputouse a Copa de España de Cadetes sobre 1.000 m., no mesmo escenario; no que tivemos dous padexeiros en competición. O kaiakista Edua da Silva non pasou a proba de contrareloxo; e o canoista Adrian Rivademar rematou 5º na final B.