Comezo das Clases de Pandereta

MOI BOA ACOLLIDA DAS CLASES DE PANDERETA

Onte, luns, tivemos a primeira clase de pandereta, que foi unha primeira toma de contacto da que saimos moi satisfeitos, xa que o interés amosado polas mismas superou as nosas mellores espectivas.

En realidade plantexabamos o comenzo das clases xunto co inicio do vindeiro curso escolar, pero algunhas persoas fixeronnos chegar o seu interés en asistir xa a estas clases, polo que puxemos en marcha esta actividade.

E nesta primeira clase tivemos unha asistencia que nos encheu de ledicia, dado o interés e a asistencia recibida; tanto é así que de farán grupos diferentes por idades.

Nun principio tiñamos pensado ir dando as clases de pandereta, pero xa contamos con persoas interesadas en asistir as clases de baile rexional, polo que tamén terán o seu espazo dentro das nosas actividades.

Temos que decir que axudou e moito, a categoría e profesionailidade da nosa profesora, Marta Caneda.

GRACIÑAS POLA ACOLLIDA.

TEMOS SITIO PARA MÁIS, ANÍMATE .