@S GUERRILLEIR@S DO BREOGAN ASALTAN AS MURALLAS DE LUGO.

10380145_879288978789590_234938040552179536_o@s guerrilleir@s do Breogán dos equipos infantís, asaltaron as murallas de Lugo e impuxéronse na cuarta regata da XIX Liga Galega de Promoción, rematando por diante dos actuais Campións de España, as Torres de Catoira.
As tropas mecas na tarde de domingo de onte, encabezadas polo comandante Lino Cacabelos, coa lugartenente Rut Otero e mailo estratega Ramón García, impuxéronse nesta cuarta regata, despois de acadar o segundo posto nas tres regatas anteriores. Estes campións teñen que seguir loitando por seguir acadando actuacións inmellorables como as que realizaron na que seguro que vai ser unha gran tempada.