Na mañán de hoxe sábado, disputouse no Complexo Turístico Deportivo O Corgo en Muiños (Ourense), a primeira xornada do IV Campionato de España de Media Maratón.
Nesta primeira xornada participaron sete deportistas cadetes do Breogán do Grove que tiveron unha boa actuación, sendo para todos eles o primeiro ano da categoria. Destacando entre os resultados a Medalla de Bronce de Lara Remigio no C-1 muller cadete.
Resultados:
– C-1 muller cadete: Lara Remigio, Medalla de Bronce
– K-1 muller cadete: Alba Rey, 29º
– C-1 home cadete: Jaser Antonio Silva, 7º
– C-2 home cadete: Alex Barreiro- Jairo Barral, 4º e Xian Gondar-Pepe López, 5º.
Na xornada de mañán domingo, será o turno das participacións de:
– C-2 home senior: Tono Campos-Diego Romero.
– K-1 muller sub 23: Marta Mourelos.
Mentras que Tania Alvarez non participará o ser baixa de última hora.
#camiñoaorespecto #GaliciaSaudable #Abanca #igualdadenarede #NON #fundaciondeportegalego #deputaciónpontevedra #concellodogrove #xacobeo2122


