TONO CAMPOS E DIEGO ROMERO CAMPIÓNS DO DESCENSO INTERNACIONAL DO SELLA. AS “TANIAS” SUBCAMPIONAS.

No tradicional Descenso Internacional do Río Sella, entre Arriondas e Ribadesella, os deportistas do Breogán do Grove foron protagonistas, competindo como selección española.

Tono Campos e Diego Romero, despois de proclamarse a pasada semana Campións de Europa de Maratón no C-2 home senior; no día de hoxe cumpriron os pronósticos e volveronse a proclamar Campións do Descenso Internacional do Ría Sella no C-2 home senior.Pola súa parte, Tania Alvarez competía de novo facendo parella no K-2 muller senior, coa lucense Tania Fernández (Kayak Tudense), facendose co título de Subcampionas nuha categoria con varios barcos entre os favoritos. Foron superadas por Eva Barrios e Amaia Osaba; sendo terceiras as húngaras Renata Csay e Zsofia Czellai.

#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122