XADREZ BREOGÁN SUMA CATRO DE CATRO, E MANTENSE COMO LIDER

O sábado disputouse no Pavillón de Deportes Náuticos “Tono Campos”, a cuarta xornada do Grupo “D” da Segunda División da Liga Galega de Xadrez. Recibindo o Xadrez Breogán ao Club Xadrez Marín, rematando o enfrontamento co resultado de 3,5 – 0,5.

As tres victoras breoganistas viñeron dos taboleiros 1,3 e 4, da man de: Heladio Outerio, José Manuel Álvarez e Manuel Mascato. Mentras que Alberto Devesa, no taboleiro 3, asinaba taboas.

Despois das catro xornadas disputadas, o Breogán continúa como líder, contabilizado os seus enfrontamentos por victorias.

#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove