Archivo de noticias de: Piraguismo

I TROFEO PRINCESA DE ASTURIAS DE PIRAGÜISMO

Mañá, sábado, dispútase na Ría de Aldán (Cangas), o I Trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo. Na proba, que está enmarcada dentro da Liga Galega na modalidade de ríos e travesías, compiten deportistas de 19 clubs diferentes de toda Galicia, de categoría cadete, xuvenil, senior e veterano, nas modalidades de...
Leer mas...

TINO RODRÍGUEZ, SEGUNDO NO TAMBRE

Onte disputouse o XXX Descenso do Tambre en Ames (A Coruña), onde Breogán contou coa presencia de Tino Rodríguez, que acadou a segunda posición no C-1 home senior....
Leer mas...

FOTOS DA CHEGADA DE TONO CAMPOS E DIEGO ROMERO TRALA SÚA PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO DO MUNDO DE PISTA

Nas primeiras fotos podemos ollar a chegada dos nosos padexeiros Tono Campos e Diego Romero ó aeroporto Sa Carneiro de Oporto, onde os vemos acompañados do seu adestrador José Luis Otero Padín e do seu preparador físico Kito Parada, este último acompañou ós dous palistas en Milan, na celebración do...
Leer mas...

RECIBIMENTO NO CONCELLO A TONO CAMPOS E DIEGO ROMERO

Hoxe, ás oito da tarde, realizarase un recibimento no Concello a Tono Campos e Diego Romero trala súa participación no Campionato do Mundo de Pista en Milán (Italia). Neste campionato, no que os dous padexeiros do Breogán participaron en dúas distancias olímpicas; Diego Romero acadou a 7ª posición na Final...
Leer mas...

TONO CAMPOS, SUBCAMPIÓN DO MUNDO NO C-1 5.000 M.

Tono Campos ven de proclamarse Subcampión do Mundo no C-1 5.000 m. poñendo así un gran colofón á súa participación no mundial que se celebra en Milán (Italia). Nunha regata que se iniciaba ás 14,30 h., este meco só puido ser superado polo «campionísimo» alemán, Sebastian Brendel, que fixo un...
Leer mas...

O K-4 ESPAÑOL ESTARÁ NOS XOGOS OLÍMPICOS DE RÍO 2016

O K-4 1.000 m. logrou o sexto posto no Cmapionato do Mundo, e acadou a praza para os Xogos Olímpicos de Río 2016. Vinte anos despois, dende Atlanta 1996, o K-4 español na distancia de 1000m. estará nos Xogos Olímpicos, con dous galegos a bordo: Rodrigo Germade e Óscar Carrera....
Leer mas...

RESULTADOS DA 4ª REGATA PROVINCIAL DE ALEVÍNS E BENXAMÍNS. 22-08-15 ILLA DE AROUSA.

Entre as baixas e as regatas suspendidas polo tempo, os resultados individuais acadados pol@s nos@s padexeir@s nesta regata foron: K-1 home benxamín: – Nacho Alfonso, 14º K-1 muller alevín «B»: – Carme Devesa, 1ª – Valeria Oliviera, 4ª – Yolanda Oliveira, 10ª K-1 muller benxamín: – Laura Piñeiro, 3ª –...
Leer mas...

OURO E BRONCE NA ILLA DE AROUSA

Hoxe pola mañá celebrouse unha parte da 4ª Regata Provincial de Alevíns e Benxamíns na Illa de Arousa, pois o tempo non permitiu que se puideran celebrar todas as regatas desta competición. As regatas de benxamíns e alevíns «B», si se celebraron malia que o tempo non era o mellor;...
Leer mas...