I TROFEO PRINCESA DE ASTURIAS DE PIRAGÜISMO

Mañá, sábado, dispútase na Ría de Aldán (Cangas), o I Trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo. Na proba, que está enmarcada dentro da Liga Galega na modalidade de ríos e travesías, compiten deportistas de 19 clubs diferentes de toda Galicia, de categoría cadete, xuvenil, senior e veterano, nas modalidades de K-1 e C-4.

O noso club terá representación na proba na categoría muller senior K-4: co equipo formado por Tania Álvarez, Rut Otero, Natalia García e María Antía Rodríguez; home senior C-4, con Diego Romero, Miaguel Fernández, Cristian RIbademar e Tono Campos; e na home xuvenil C-4, con Edu da Silva, Adrián Otero, Daniel Mourelos e Juan Camilo Ortiz.

6cd7000b5fdc149d15c15e2b49b0ac68_L