SETE MEDALLAS NA REGATA DE PROMOCIÓN DE PORTONOVO

Na tarde de onte, domingo, disputouse unha regata amistosa o II Trofeo San Roque de Piragüismo en Portonovo, regata dirixida as categorias de promoción: infantís, alevíns e benxamíns.

Os nos@s padexeir@s colgáronse un total de sete medallas nesta regata, onde destaca o triplete do K-1 muller alevín “B”, onde Carme Devesa, Valeria Oliviera e Yolanda Oliveira se fixeron coas tres primeiras posicións.

Lucía Devesa non quixo ser menos que a súa irmá Carme e, impúxose no K-1 muller infantil “B”; Jose Couso era segundo no C-1 home infantil “B”, onde o seu compañeiro Aarón Castro se facía co terceiro posto.

Iván Meis colgábase a Medalla de Prata no C-1 home infantil “A”.

11892316_1248055998579551_8319186353334103897_o