5ª REGATA DE KAIAK DE MAR

5ª REGATA DE KAIAK DE MAR

O domingo 19 de maio, tivo lugar en Vilagarcía de Arousa a 5ª regata da Liga Galega de Kaiak de Mar, que de novo contou con presenza de deportistas do Breogán do Grove.

Cinco foron os breoganistas que acudiron a esta competición, dunha modalidade como o kaiak de mar que está en auxe. O resultado máis destacado foi o colleitado polo K-2 mixto que forman Rut Otero e Simón Díaz, que acabaron na terceira posición.

Tamén participaron tres kaiakistas cadetes, que tiveron unha boa actuación: Adrián Otero foi cuarto, Edu da Silva quinto e José Manuel Méndez foi décimo, aínda que este último entrou fóra de control.

Por equipos, o Breogán rematou no undécimo lugar con un total de 55 puntos.