O BREOGÁN ULTIMA A X TRAVESÍA DA TOXA, TROFEO CONCELLO DO GROVE

X TRAVESÍA DA TOXA O 8 de xuño celebrarase en augas mecas a X Travesía da Toxa, XXVII Trofeo Concello do Grove de Piragüismo. Unha proba esta para as modalidades de C-2 e K-2 puntuable para a Liga Galega de Ríos e Travesías e para a Super Liga Galega de Piragüismo.

A competición dará comezo en Confín ás 15.30h coa saída de CADETES, quen deberán cubrir o percorrido de 2,5 km nun total de 3 voltas. Unha hora máis tarde será a quenda dos XUVENÍS, quen terán que realizar igualmente os 7,5 km. Mentres, para a categoría SENIOR o esforzo será un pouco maior xa que con catro voltas deberán sumar un total aproximado de 10 km.

Organizada polo noso clube e a Federación Galega de Piragüismo, a proba englóbase dentro do programa de actividades do Desembarco Pirata no Grove.