2ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE XADREZ

1614169_725298354188654_538218808_oEste sábado celébrase a segunda xornada da Liga Galega de Xadrez nas súas distintas categorías. Nesta ocasión estarán en competición os tres equipos do Breogán, no que o equipo “C” terá o seu primer enfrontamento despois de descansar na primeira xornada.

Os tres equipos xogarán na “casa” tendo como escenario o Hotel Mirador Ría de Arousa, estando previsto iniciar os enfrontamentos ás cinco da tarde.

O Breogán “A”, englobado no grupo “B” da Primeira División, xogará co Club Karpov de Pontevedra. O Breogán “B”, do grupo “F” da Terceira Divisió, recebirá a visita do Escuela de Xadrez Brétema. Mentras que o Breogán “C”, do grupo “A” da Cuarta División, iniciarase nesta competición enfrontándose ao CXF Caf. Lembranza.