Esta fin de semana terán lugar no Encoro de Verducido, dous controis amistosos sobre 5.000 m., ambos os dous organizados polo Comité Técnico da Federación Galega de Piragüismo. O primeiro destes controis terá lugar o próximo sábado e está destinado para as categorías cadete, xuvenil e sénior, mentres que o domingo entrarán en escea as categorías intantís, A e B.
Esta será a última competición deportiva deste estilo (amistosa) que organizará o Comité Técnico durante a temporada invernal, e que dará paso ao inicio da competición oficial que se iniciará proximamente coa celebración do Campionato Galego de Inverno (que terá lugar tamén en Verducido).
O Breogán do Grove estará presente nestas dúas probas, para que moverá a preto de 40 padexeir@s. Para a xornada do domingo inscribíronse un total de 18 deportistas repartidos da seguinte maneira:
-K-1 home cadete: Edu Dasilva e Adrián Otero.
-C-1 home cadete: Adrián Rivademar e Brais Frieiro.
-C-1 home xuvenil: Borja Meis, Diego Naveiro, Félix Meis e Sergio Meis.
-K-1 muller xuvenil: Sara Bravo e Sara Cacabelos.
-K-1 home senior: Yoel Alonso, Jaime Castro e César Riveiro.
-C-1 home senior: Diego Romero, Tono Campos e Miguel Fernández.
-K-1 muller senior: Natalia García e Laura García.
Para esta competición cóntase con varias baixas, entre as que destaca a do kaiakista senior Álvaro Bravo que se está recuperando dunha rotura de fibras.
No equipo infantil que se presentará o domingo, o Breogán inscribiu un total de 20 padexeir@s:
-K-1 home infantil «A»: Brais Remigio, Daniel Dopazo, Daniel
Mourelos, Diego Vázquez, Joaquín Lapido, Juan Camilo Ortiz, Manuel
Falcón e Sergio Outeda.
-K-1 muller infantil «A»: Antía Naveiro, Laura Couto e Paula Álvarez.
-C-1 home infantil «A»: Eloi Ochoa, David Conde e Tomás Benavides.
-K-1 home infantil «B»: Álex Oliveira.
-K-1 muller infantil «B»: Antía Besada, Lara Moldes, Carmela Eirea e Natalia Romero.