RESULTADOS 4ª ROLDA DE XADREZ

1797528_740493279335828_208872582_nO sábado día 1 de febreiro os tres equipos de xadrez do Breogán do Grove disputaron os enfrontamentos correspondentes á 4ª xornada da Liga Galga de Xadrez, que tico como escenario os salóns do Hotel Mirador Ría de Arousa.

Nun inicio de temporada que está sendo un tanto irregular, os tres equipos cairon derrotados nos seus respectivos enfrontamentos. Na Primeira División, o Breogán “A” foi derrotado polos compoñentes do Marquino, por 1-3. Indéntico resultado sufreu o Breogán “B” ante o Padrón “C”. E no que respecta ao Breogán “C”, os máis pequenos foron quen de inaugurar o seu casilleiros de vitorias. Despois de rematar con cero puntos nos enfrontamentos anteriores, nesta ocasión o resultado foi de 3-5