ASEMBLEAS DO CMDC BREOGÁN DO GROVE

asambleaO pasado venres celebráronse dúas asembleas do CMDC Breogán que tiveron como escenario o Pavillón de Deportes Náuticos. A primeira asemblea xeral foi a Ordinaria do ano 2014, mentres que ao seu remate tivo lugar a segunda, de carácter Extraordinario coa elección de presidente como único punto na orde do día.

Na asemblea ordinaria fíxose un  repaso da actividade realizada durante o 2013 nas diferentes seccións da entidade. José Manuel Álvarez fixo un repaso ao realizado polos equipos de xadrez da entidade, así como da Escola de Xadrez. Pola súa banda, Félix Lamas deu un repaso ao realizado polo equipo de piragüismo, cos resultados a nivel nacional e autonómico xunto cos resultados dos nosos padexeir@s en competicións internacionais.

Así mesmo, deu conta doutras actividades como a participación cunha carroza na Cabalgata de Reis, a organización da Regata de Piragüismo, a Festa da Bicicleta, a Carreira Popular Festa do Marisco, o Campamento Deportivo de Verán, etc…, Tamén se informou aos soci@s do Proxecto C-2  1.000 m, no que están os nosos deportistas Diego Romero e Tono Campos.

Ademais foron presentadas as contas do pasado exercicio, coas que se informou duns gastos superiores aos 80.000,00€ e cun resultado final do ano con un superávit de 66,43€. No tema económico aprobouse o orzamento para 2014 cun total de 73.300,00€.

Tamén se dou conta aos soci@s das dificultades económicas que poden vir neste ano, xa que desapareceron os premios económicos das ligas nacionais e as administracións, agás o Concello, cada ano aportan menos.

Unha vez rematada esta asemblea, celebrouse outra extraordinaria co único punto na orde do día da elección de presidente e nova xunta directiva, por remate do anterior mandato.

Só se presentou unha candidatura, que será a que xestione a entidade nos vindeiros catro anos e que está composta por:

-Presidente:  Félix José Lamas Gondar
-Vicepresidente: Deportivo: David Mascato García
-Vicepresidente: Ramón García Vidal
-Secretario: José Manuel Alvarez Sabor
-Vicesecretaria: Rut Otero Triñanes
-Tesoureira: Mª Antía Rodríguez Aguín
-Vogais:

Fco. Javier Outeda Montenegro

Simón Díaz Fernández

Arturo M. Garrido Garrido

Marcelino Cacabelos Padín

Miguel Fernández Castro

A. Cristian Ribademar Outeda