O vindeiro sábado a partir das 9,30h. iniciarase o Campionato Galego de Inverno de Piragüismo, no que participarán sobre 5.000m. as categorías: cadete, xuvenil, senior e veteranos en K-1 e C-1. As distintas categorías teñen programadas ata doce saídas, segundo a categoría e modalidade dos padexeir@s. A derradeira saída está prevista para as 13,45 h.
Este campionato é o inicio oficial da temporada 2014, na que o C M D C Breogán presentará un equipo formado por 24 padexeir@s.
O rendemento dos nosos deportistas verase un pouco condicionado xa que por mor do mal tempo sufrido este inverno, o traballo na auga foi menor do que se pretendía; e aínda que se suplíu con traballo no ximnasio e no ergómetro, non é o mesmo.
Varios dos nosos padexeri@s deberán estar na pelexa polos postos de honra, como poden ser Diego Romero, Tono Campos, as irmáns García Naveiro -Natalia e Laura-, e o propio Adrián Ribademar.
Pola súa banda, Álvaro Bravo non chega nas mellores condicións despois de estar parado un tempo ao resentirse da lesión que tivo o pasado ano, aínda que xa volveu aos adestramentos.
Estaremos pendentes da volta á competición de Jacobo Domínguez ou Cristian Ribademar, as incorporacións de Jaime Castro, César Riveiro e Tino Rodríguez xunto coa posta en escea das canoas xuvenís ou da kaiakista xuvenil Sara Bravo.
Padexerir@s do Breogán inscritos para este Campionato Galego de Inverno:
-Canoistas senior: Diego Romero, Tono Campos, Miguel Fernández, Jacobo Domínguez, Cristian Ribademar e Tino Rodríguez.
-Kaiakistas senior: Alvaro Bravo, Yoel Alonso, Jaime Castro e Cesar Riveiro.
-Kaiakistas muller senior: Natalia García, Laura Garcia e Tania Alvarez.
-Canoistas xuvenís: Borja Meis, Diego Naveiro, Sergio Meis e Félix Meis.
-Kaiakistas muller xuvenil: Sara Bravo e sara Cacabelos.
-Kaiakistas cadetes: Edu Da Silva e Adrian Otero.
-Canoistas cadetes: Adrian Ribademar e Brais Frieiro.
-Kaiakista muller veterana: Rut Otero