O sábado 22 de febreiro, celebrouse en Verducido o Campionato Galego de Inverno de piragüismo, no que participaron sobre 5.000 m. as categorías: cadete, xuvenil, senior e veteranos em K-1 e C-1.
Este campionato foi o inicio oficial da temporada 2014, e no que o C M D C Breogán acadou a cuarta posición, nunha apretada clasificación entre o segundo e o sexto posto.
Tono Campos (1º) e Diego Romero (2º) dominaron con claridade a categoría C-1, onde Jacobo Domínguez tivo unha moi boa actuación rematando no 7º posto; Cristian Rivademar foi 14º.
Tamén tiveron unha boa actuación as irmáns Garcia Naveiro no K-1 muller senior, onde Natalia foi cuarta e Laura quinta; ambas as dúas son de categoría sub 23.
Adrián Ribademar foi quinto no C-1 cadete; Félix Meis foi sétimo no C-1 xuvenil; Sara Bravo 10ª no K-1 muller xuvenil e Adrian Otero 17º no K-1 cadete.
Rut Otero, proclamouse Subcampioa Galega en K-1 muller veterana.
Padexeir@ | Categoria | Posto |
Adrian Otero | K-1 home cadete | 17º |
Edu Da Silva | K-1 home cadete | 21º f.c. |
Adrian Ribademar | C-1 home cadete | 5º |
Félix Meis | C-1 home xuvenil | 7º |
Diego Naveiro | C-1 home xuvenil | 12º f.c. |
Segio Meis | C-1 home xuvenil | 13º f.c. |
Borja Meis | C-1 home xuvenil | 14º f.c. |
Natalia García | K-1 muller senior | 4º |
Laura García | K-1 muller senior | 5º |
Tania Alvarez | K-1 muller senior | averia |
Sara Bravo | K-1 muller xuvenil | 10º |
Sara Cacabelos | K-1 muller xuvenil | 20º f.c. |
Tono Campos | C-1 home senior | Campión |
Diego Romero | C-1 home senior | Subcampión |
Jacobo Domínguez | C-1 home senior | 7º |
Cristian Ribademar | C-1 home senior | 14º |
Tino Rodríguez | C-1 home senior | 25º f.c. |
Miguel Fernández | C-1 home senior | volcou |
Yoel Alonso | K-1 home senior | 32º f.c. |
Jaime Castro | K-1 home senior | 59º f.c. |
Cesar Riveiro | K-1 home senior | 61º f.c. |
Rut Otero | K-1 muller veterana | Subcampiona |