BREOGÁN, QUINTO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO

Na fin de semana do 15 e 16 de marzo celebrouse en Sevilla o Campionato de España de Inverno para as distintas catergorías. Na xornada do sábado disputáronse o Campionato de España de Inverno de “Jóvenes Promesas” para categoría cadete e, tamén, o Campionato de España de Inverno de Veteranos.

Nos cadetes presentamos a tres padexeiros e aquí o mellor resultado foi o de Adrián Ribademar en C-1 cadete, quen ocupou un meritorio 9º posto.

Pola súa banda, os kaiakistas cadetes Edu da Silva e Adrián Otero, non superaron a proba clasificatoria, que reducía a só 40 padexeiros da súa categoría para poder participar no campionato.

Nos veteranos, que tiveron unha moi boa actuación, chegaron os primeiros metais para os nosos padexeir@s. Rut Otero facíase coa Medalla de Bronce no C-1 muller veterana mentres que Miguel Fernández tamén se colgaba a Medalla de Bronce no C-1 home veterano.

Entre o sábado e mailo domingo, disputáronse as regatas do campionato “grande” no que participaron os xuvenís e senior e no que o noso equipo ocupou un magnífico QUINTO POSTO POR CLUBES: o segundo mellor club galego.

A actuación dos nos@s deportistas foi moi destacada, pois dos trece padexeir@s que participaron nestas categorías, doce entraron en control acadando uns puntos que levarían ao club ao bo resultado final. Poderíanse resaltar moitas das actuacións a nivel individual, onde estiveron sobresaíntes Tono Campos e Diego Romero xa que mesmo remataron por diante de David Cal; ou o “rexurdimento” de Jacobo Domínguez, quen despois dunha temporada sen remar se fixo cunha medalla en sub 23; ou Miguel Fernández que despois de facer a regata do sábado como veterano, repetiu o domingo como senior con outra gran regata; ou Sergio Meis que despois de volcar retomou a regata e foi quen de entrar nos puntos. Tamén boa foi a regata das irmás García Naveiro. En resumo: tod@s tiveron unha moi boa actuación neste campionato.

RESULTADOS

Padexeir@ Categoría Posto
Adrián Ribademar C-1 home cadete
Edu da Silva K-1 home cadete Clasificatoria
Adrián Otero K-1 home cadete Clasificatoria
Rut Otero K-1 muller veterana MEDALLA DE BRONCE
Miguel Fernández C-1 home veterano MEDALLA DE BRONCE
Sara Bravo K-1 muller xuvenil 42º
Sara Cacabelos K-1 muller xuvenil Volcou e lesionouse
Félix Meis C-1 home xuvenil 15º
Borja Meis C-1 home xuvenil 27º
Diego Naveiro C-1 home xuvenil 29º
Sergio Meis C-1 home xuvenil 37º
Laura García K-1 muller senior 14º
Natalia García K-1 muller senior 19º
Tono Campos C-1 home senior CAMPIÓN DE ESPAÑA
Diego Romero C-1 home senior MEDALLA DE BRONCE
Jacobo Domínguez C-1 home senior 11º
Miguel Fernández C-1 home senior 24º
Tino Rodríguez C-1 home senior 35
Jacobo Domínguez C-1 home sub 23 MEDALLA DE BRONCE