DOUS OUROS E UN BRONCE NO PRÍNCIPE DE ASTURIAS

principe de asturiasNa mañá do pasado sábado, o encoro de Verducido acolleu unha nova edición do Trofeo Prínicipe de Asturias, que por segunda vez se desenrolou co novo sistema de competición, cos padexeir@s competindo sucesivamente nas diferentes embarcacións. Dase a saída nos barcos individuais (C-1 e K-1), logo un porteo para coller o barco dobre (K-2 e C-2), e logo fan outro porteo para rematar a regata na embarcación de catro compoñentes (K-4 ou C-4).

O Breogán presentou catro embarcacións (16 padexeir@s) cos que se acadaron dous ouros, un bronce e un onceavo posto; obtendo o sexto posto por clubs.
O primer ouro chegou no C-4 xuvenil formado por Sergio Meis, Félix Meis, Boja Meis e o cadete Adrian Ribademar.
No C-4 senior acadouse o outro ouro, nun bonito duelo cos padexeiros de Tui, cun equipo breoganista formado por Tino Rodríguez, Miguel Fernández, Tono Campos e Diego Romero.
As mulleres senior, o equipo formado porRut Otero, Laura García, Tania Álvarez e a xuvenil Sara Bravo, acadaron o bronce.

Os kaiakistas senior tamén tiveron unha boa actuación, na reaparición de Álvaro Bravo coa competición, que formou equipo con Yoel Alonso, Jaime Castro e César Riveiro.