Na tarde de hoxe disputouse a vixésima edición do Descenso do Umia, que ao mesmo tempo foi o Campionato Galego de Ríos e Travesías 2014.
Nove foron os padexeir@s que tivo o Breogán na liña de saída, onde ademáis de entrar tod@s en tempo de control e puntuar, acadaron un total de 3 Campionatos Galegos, 1 Subcampionato e 1 Bronce.
Os primeiros en rematar o descenso foron os K-1 home senior, onde participaron: Yoel Alonso (15º), Cesar Riveiro (20º) e Jaime Castro (25º). Pola súa banda, o K-1 home cadete Edu da Silva entrou nos posto 22º da súa categoría.
Os catro canoistas de Breogán presentes nesta regata subironse o podio: Miguel Fernández proclamouse Campión Galego no C-1 home senior; tamén foi Campión Galego Sergio Meis no C-1 home xuvenil, onde o seu irmán Félix foi Subcampión Galego.
Mentres, Adrian Ribademar remataba na terceira posición do podio no C-1 home cadete.
O outro título de Campiona Galega foi para Sara Bravo no K-1 muller xuvenil.
No campionato por club, o Breogán rematou no 5º posto.

Pedro Areal é segundo no I Descenso do Jucar
Na tarde do sábado celebrouse tamén o I Descenso do Jucar ao seu paso por Cuenca, onde o Breogán estivo presente da man do C-1 home senior, Pedro Areal. Este padexeiro con residencia en Madrid, incorporouse esta tempada ao nos equipo, e xa participou no desembarco do Miño de Lugo, onde acadou a 5ª posición. No descenso do Jucar, este canoista conseguiu rematar nunha fantástica segunda posición na súa categoría.