Jacobo Domínguez e Alan Avila remataron no 5º posto do Campionato de Europa de Maratón no C-2 senior nunha regata disputada na mañá do domingo en Piestany (Eslovaquia).
A regata foi gañada con calridade polos actuais Campións do Mundo da modalidade, os galegos Óscar Graña e Ramón Ferro, cun tempo de dúas horas. Os segundos en rematar esta proba, foron os ukrainos Oleksandr Levchenko e Andrii Shapoval, mentres que completaron o podio os polacos, Bartosz e Mateusz Zuchora.
Jacobo Domínguez e o maiorquín Alan Avila entraron na 5ª posición, a seis minutos dos gañadores.
Jacobo Retírase na regata de C-1 no Campionato Europeo
A sorte non acompañou a Jacobo Dominguez Otero na súa participación no Campionato de Europa na disputa do C-1 Sub 23, pois veuse obrigado a retirarse. O motivo da súa retirada foi que se lle cargou demasiado a perna que leva adiantada na súa posición na canoa e, ao ir facendo funcionar o achicador con esa perna, cargouselle, molestia que o obrigou a abandonar a regata.