Chegado o último mes do curso escolar (xuño) e ante as inminentes vacacións de verán, a Escola de Piragüismo do Breogán de O Grove comezou a visitar os colexios do municipio na busca de novos “piragüistas”, así como tamén recuperar, ao mesmo tempo, a rapaces que xa practicaron este deporte pero que o abandonaron durante o inverno.
A visitas aos diferentes centros realízaas un trío de compoñentes do equipo técnico das categorías base do Breogán, quen son Rut Otero, Breixo Lamas e Tania Álvarez. Estes son os encargos de dar unha pequena charla aos cativos, explicando que é o piragüismo, ensinando que son as palas e outros materiais, amosando diapositivas do equipo de promoción en diferentes regatas, etc… Deste xeito inténtase que os rapaces e rapazas do Grove que aínda non practicaron o piragüismo teñan a posibilidade de coñecelo e, por que non, engancharse a el.
Todos aqueles que queiran probar no piragüismo tan só deben achegarse ao Pavillón de Deportes Náuticos, de 17:30 a 19:00h de luns a venres, e os sábados de 11:00 a 13:00h. Alí serán recibidos cos brazos abertos polo corpo técnico, que lles ensinarán todo sobre este deporte.