O BREOGÁN TEN DOBRE CITA PARA ESTE SÁBADO: OURENSE E ARANJUEZ

O vindeiro sábado o Breogán estará presente en dúas probas.  Unha delas disputarase en territorio galego, concretamente en Ourense. Trátase do XLVI Descenso do Miño ao seu paso por Ourense, proba que se disputará a partires das 17:00h. Nesta regata o Bregán participará cun equipo formado por padexeiros das categorías cadete, xuvenil e senior, que competirán nas modalidades de C-1, K-1 e K-2.

– C-1 home senior: Tino Rodríguez.
– C-1 home xuvenil: Borja Meis, Félix Meis e Sergio Meis.
– C-1 home cadete: Adrian Ribademar.
– K-1 muller xuvenil: Sara Bravo.
– K-2 home cadete: Edu da Silva e Adrian Otero.

descenso do miño ourense

Campionato de España de Ríos e Travesías

Outra proba que terá lugar o sábado é a 42 edición do Raphel del Tajo, en Aranjuez, que á súa vez será o II Campionato de España de Ríos e Travesías. Nesta proba o equipo que presentará o Breogán é máis pequeno, e estará formado por tan só 3 canoistas de categoría senior. Estes serán Miguel Fernández no C-1 senior, actual Campión Galego da modalidade; e no C-2 senior estarán Adrian Fernández e Pedro Areal, especialistas neste tipo de regatas.

raphel del tajo

O percorrido da proba, segundo informa o club de Piragüismo Aranjuez na súa páxina web será o seguinte:

recorrido 1

recorrido 2

recorrido 3