O vindiero domingo día 22 de xuño terá lugar en Verducido (Pontevedra) a 2ª competición da liga Provincial de Alevíns e Benxamíns. Será a parti das 11:00h cando comezarán as saídas das diferentes categorías onde, como non ía ser menos, se atoparán varios padexeiros do club Breogán do Grove.
Non obstante, cabe destacar que, do grupo de 20 palistas que disputarán esta proba, o 85% son rapazas, mentres que tan só o 15% son rapaces. As porcentaxes tradúcense en 17 cativas e 3 nenos. O equipo do Broegán acude a esta cita coa intención de mellorar a cuarta posición que se obtivo na primeira regata la Liga, celebrada no Grove o pasado 18 de maio.
O equipo do Breogán nesta proba estará composto por:
– K-1 muller benxamín: Suevia Noya, Valeria Oliveira, Carme Devesa, Yolanda Oliveira, Ainhoa Piñeiro e Aldara Gorrita.
– K-1 muller alevín «B»: Marta Mourelos, Nerea Castro, Diana Mendez, Lola Cerviño e Antía Prieto.
– K-1 muller alevín «A»: Andrea Piñeiro, Gaila Noya, Soraya Bea, Lucía Devesa, Lorena Moldes e Cecilia Garrido.
– K-1 home alevín «A»: Isaac Gorrita, Borja Lamas e Rodrigo Mouco.