De novo teremos unha fin de semana «movidiña», co equipo de piragüismo presente en varias frontes: “Copa de España Jóvenes Promesas Infantil 3.000 m” (Zamora), “Descenso Ibérico” (Zamora), “Travesía de As Pontes” (As Pontes), e a participación da nosa padexeira Natalia García no Campionato de Europa de Pista Sub 23 (Ivelines-Francia).
CAMPIONATO DE EUROPA DE PISTA SUB 23
En Ivelines-Francia dispútase esta semana o Campionato de Europa de Pista Sub 23, no que estará presente a nosa padexeira, Natalia García.; cara onde partiu na madrugada do martes.
Natalia representará ao equipo español tomando parte no K-1 muller sub 23 sobre 200 m. A palista grovense tamén tiña praza no K-4 500 m. pero renunciou a formar parte desta embarcación para centrarse no K-1 200 m.
COPA DE ESPAÑA JÓVENES PROMESAS INFANTIL 3.000 M.
O venres partirá o noso equipo de infantís cara Zamora para disputar a “Copa de España de Jóvenes Promesas Infantil 3.000 m”.
Esta regata disputarase na xornada do sábado, estando dividida en dúas fases; pola mañá competirán os padexeir@s nas embarcacións individuais (K-1 e C-1) tendo a primeira saída para as 9,30 h e a última as 12,00 h.
Durante a tarde participarán os deportistas nas embarcacións dobres (K-2 e C-2), iniciando as regatas a 16,30 h., estando prevista a última saída para as 18,00 h.
O equipo que desprazaremos estará formado por dezanove padexeir@s, que competirán da seguinte maneira:
– C-1 home infantil “A”
David Conde
Eloi Ochoa
Juan Camilo Ortiz
Tomás Benavides
– C-1 home infantil “B”
Iván Meis
– K-1 home infantil “A”
Daniel Dopazo
Sergio Outeda
Brais Remigio
Diego Vázquez
Daniel Mourelos
Joaquín Lapido
Manuel Falcón
– K-1 home infantil “B”
Alex Oliveira
– K-1 muller infantil “B”
Natalia Romero
Antía Soutullo
Maria Vila
– K-1 muller infantil “A”
Paula Alvarez
Angela Rodríguez
Antía Naveiro
– C-2 home infantil “A”
Tomas Benavides-Eloi Ochoa
Iván Meis-Juan C. Ortiz
– K-2 muller infantuil “B”
Antía Soutullo-Maria Vila
– K-2 home infantil “A”
Daniel Dopazo-Diego Vázquez
Daniel Mourelos-Sergio Outeda
Manuel Falcón-Alex Oliveira
Joaquín Lapido-Brais Remigio
– K-2 muller infantil “A”
Paula Alvarez-Angela Rodríguez
Antía Naveiro-Natalia Romero
DESCENSO IBÉRICO
Zamora acolle o Descenso Ibérico o vindeiro domingo, no que haberá tres representantes do Breogán.
Os actuáis Campións de España de C-2 senior nesta modalidade, Adrian Fernández e Pedro Areal, estarán na liña de saída desta regata, ao igual que estará Miguel Fernández no C-1 senior, despois de colgarse a Medalla de Bronce da modalidade, durante a pasada semana
TRAVESÍA DAS PONTES
Outra das frontes do equipo breoganista, estará na tarde do sábado en As Ponte, onde disputarán a Travesía das Pontes para embarcacións K-4 e C-4.
Nesta competición, o Breogán presenta dúas embarcacións: o K-4 muller senior formado por Rut Otero, Laura García, Tania Álvarez e a xuvenil Sara Bravo; e tamén o C-4 home xuvenil, que forman Sergio Meis, Félix Meis, Diego Naveiro e Borja Meis.