A dos infantís non foi a única competición zamorana na que os padexeiros do Breogán estiveron presentes. No Descenso Ibérico o noso club tamén estivo representado, aínda que por un equipo menor. Porén, a pesar de ser un equipo escaso (d etan só 3 palistas), os resultados acadados foron inmellorables.
O barco dobre de Adrian Fernández e Pedro Areal, C-2 senior, impúxose na súa categoría, conseguindo a medalla de ouro e deixando claro por que a semana pasada conseguiron proclamarse campións de España de Rñios e Travesías.
Por outro lado, o C-1 senior de Miguel Fernández rematou no segundo posto, conseguindo a prata e mellorando o resultado da pasada semana, onde colleitou un bronce.