NATALIA GARCIA, 2ª NA FINAL «B» DO CAMPIONATO DE EUROPA

nataliaA nosa padexeira Natalia García rematou a súa participación no Campionato de Europa Sub 23 que se disputou esta fin de semana en Yvelines (Francia).
Este domingo, Natalia tomou parte da Final «B» do K-1 muller sub 23 na distancia de 200 m, despois de quedar cuarta na súa semifinal, onde as 3 primeiras clasificadas pasaban á final A. Natalia estivo a un suspiro de meterse na final A, ao facer un tempo de 00:43,292 segundos, mentres que que a terceira clasificada, a inglesa Emily Lewis, completaba a proba en 00:43,044 segundos.

Natalia tivo que competir na final B, onde rematou na segunda posición tras unha regata moi apertada. A proba foi gañada pola eslovena Anja Osterman cun tempo de 00:43.424; mentres que Natalia foi segunda con un tempo de 00:43.512, sendo terceira Marte Solbramg de Noruega con 00:43.924.

campionato de europa