CATRO INFANTÍS DO BREOGÁN NUNHA CONCENTRACIÓN DE SEGUIMENTO

tomasA Comisión Técnica da Federación Galega de Piragüismo convocou para hoxe, mércores 3 de xullo, unha concentración de seguimento para as categorías Cadete «B» e Infantil «A», cita que terá lugar no Encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra).
As probas a realizar serán competicións sobre distancias olímpicas, de modo que os homes competirán sobre 200 e 1.000 m; e as mulleres competirán sobre 200 e 500 m.
Catro son os padexeir@s do Breogán convocados a esta concentración: Antía Naveiro, Sergio Outeda, Daniel Mourelos e Tomás Benavides.
Durante a pasada semana tivo lugar outras destas concentracións de seguimento, que se desenrolou en dous días. Nesta concentración tamén houbo presencia do Breogán, con Antía Naveiro.