Este sábado disputarase o Control Selectivo 4, previsto polo Comité Técnico da RFEP, para completar as prazas dos padexeir@s que acudirán ao Campionato do Mundo de Pista Senior, que se vai celebrar en Moscu do 6 ó 10 de agosto.
Este selectivo está dividido en dúas zonas, pois @s kaiakistas farán as probas no encoro de Santa Cruz de Trasona (Asturias), mentres que os canoistas o farán no encoro do Pontillón do Castro (Verducido-Pontevedra).
O Breogán terá a tres padexeir@s neste selectivo, que serán Diego Romero e Tono Campos en Verducido, e Natalia García en Asturias.
Tono Campos e Diego Romero buscarán dar un paso máis na procura do seu obxetivo de meterse na final do mundial, pero para elo, primeiro terán que conseguir a praza neste selectivo. Tres son as embarcacións inscritas neste selectivo para o C-2 1.000 m., onde ademáis dos do Breogán, estarán David Costa e Brais Casas do Kaiak Tudense, e Andre Olivieira e Yeray Picallo do Firrete de Pontedeume. A proba para esta modalidade é distancia, e está programada para as doce do medio día.
Tono e Diego tamén están inscritos para a proba do C-1 5.000 m., onde deberán loitar pola praza en xogo con José Luis Bouza “Buzo” do Kaiak Tudense.
Pola súa banda, Natalia García ven de rexeitar a súa participación no Campionato do Mundo Sub 23 no K-1 200 m., para o que xa tiña a praza gañada. O motivo desta renuncia é o de ser incompatible o participar no C-1 200 m no mundial sub 23 e logo participar no senior; polo que Natalia e o seu preparador, Daniel Brage, optaron por apostar polo mundial absoluto, nun ano no que a clasificación vai estar máis aberta ao non participar Teresa Portela.
Natalia vai ter que pelexar pola praza con outras cinco padexeiras inscritas, tendo que facer tres regatas sobre a distancia de 200 m.; e que están previstas para as 17:10h, 18,00h e 19,00 h.