Na mañá do sábado celebrouse en Verducido o Control Selectivo Nacional no que se xogaban as prazas pendentes de asignar para asistir ao Campionato do Mundo de Pista que se celebrará en Moscu do 6 ao 10 de agosto.
Os padexeiros do Breogán, Tono Campos e Diego Romero, impuxéronse no C-2 sobre a distancia de 1.000 m., única distancia olímpica desta modalidade na actualidade; dando así o primeiro e importante paso de cara a buscar o obxectivo desta tempada, que non é outro que o de loitar por meterse na Final “A” do Campionato do Mundo. Ningún C-2 español foi capaz de conseguir meterse na final A dun Campionato do Mundo dende a retirada do outro C-2 do Breogán, que formaban Fredi Bea e David Mascato.
Tono e Diego non fixeron unha boa regata, pero aínda así superaron en máis dun segundo aos seus rivais máis directos, Andre Oliveira e Yeray Picayo do Firrete de Pontedeume.
Os dous padexeiros tamén tomaron parte no selectivo do C-1 sobre 5.000 m. onde, ademais deles, estaba inscrito o tudense José Luis Bouza “Buzo”. Nesta regata tamén ían dominando os dous breoganistas, ata que Tono Campos tivo que retirarse tras sufrir un volco, e foi finalmente Diego Romero quen se impuxo na proba.
Despois de ter acadado o billete para o mundial, Tono e Diego partirán o vindeiro martes cara a Brandemburgo (Alemaña) para disputar o Campionato de Europa de Pista, na que será a súa primeira toma de contacto coa competición internacional este ano. Da súa actuación poderán facerse as lecturas oportunas de cara a afrontar o obxectivo do mundial.
En terras xermanas, esta parella de padexeiros estará acompañada polo seu preparador físico, Kito Parada, que se desprazará para ollar a súa actuación e afinar a posta a punto de cara o mundial.